Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

FELICES FESTAS!

Imagen
Ao longo da mañá de hoxe celebramos a entrada do 2020 nas aulas! Comemos uvas, tivemos cotillón e merendamos até quedar fartos e fartas. Máis tarde, como é tradición, chegaron os bailes. Agardamos que esta festa sirva para que teñades unhas festas moi divertidas e a mellor entrada de ano que se poda ter! Vémonos en xaneiro!

SENTAMOS E FALAMOS. ENTREVISTA Á PROFE SUSY.

Imagen
 Hoxe estreamos o programa de entrevistas "Sentamos e Falamos" e tivemos unha convidada moi especial: Mª Jesús Suárez, máis coñecida por todas e todos nós como Susy. Carlos e Nerea preguntáronlle todas as cuestións que saíron nas dúas aulas de 5º e, deste xeito, puidemos coñecer detalles sobre a infancia ou os primeiros anos de docencia da nosa mestra de educación física que, se nada o remedia, hoxe tivo a última sesión con cada unha das clases. Agardamos que disfrute tanto da xubilación como fixo disfrutar ás nenas e nenos de 5º de Primaria ao longo destes anos.

REMATE DOS PRIMEIROS OBRADOIROS DE PLÁSTICA!

Imagen
Hoxe foi o derradeiro día dos primeiros obradoiros de plástica. As nenas e nenos traballaron canda Andy Warhol, Luis Seoane e Joan Miró.  Deixamos por aquí algúns exemplos das súas obras e, ademais, un vídeo do estupendo ambiente de traballo que conseguiu a profe Silvia, á que lle estamos moi agradecidas pola súa implicación.