Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Paz no noso colexio. Tocamos coas frautas o Himno da Alegría, escoitamos a biografía de Ghandi e cantamos a canción "Un Beso Redondo" de Conchita.
Cables, lámpadas, pilas e interruptores. Estes son os materiais que empregamos para facer os nosos circuítos eléctricos. Desta volta explicamos o funcionamento da corrente eléctrica e como construír un sinxelo circuíto que nos dea algo de luz.