Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

SAMAÍN E MAGOSTO!

Imagen
Este mércores celebramos no colexio o Magosto comendo castañas e practicando xogos tradicionais galegos. Ademais, ao longo destes tres últimos días, conmemoramos o Samaín, a festa previa ao Día de Defuntas e Defuntos. Queremos tamén agradecer ás familias a súa contribución coas cabazas!

VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS!

Imagen
Hoxe visitamos a Casa das Ciencias na Coruña. A visita incluíu unha sesión no planetario que nos pareceu moi interesante. Por aquí deixamos algunhas fotos da saída e o vídeo que vimos na aula.

A AULA DE 5º B ELIXIU DELEGADO E SUBDELEGADA!

Imagen
No día de hoxe a aula de 5º B celebrou as eleccións a delegado ou delegada da aula. Carla será a nosa subdelegada e Álvaro o delegado ao longo deste curso 2019/ 2020. Agardamos poder axudalos entre todas e todos a desenvolver axeitadamente o seu labor.

INAUGURAMOS O PROGRAMA "IUTUBER VILABOA"!

Imagen
Velaquí deixamos o video inaugural do noso programa de iutubers. Nesta primeira ocasión falamos de como facer o experimento do Big - Bang.

REMATE DA 1ª QUENDA DOS OBRADOIROS DE PLÁSTICA.

Imagen
Hoxe rematou a primeira quenda dos obradoiros de plástica.  As nenas e nenos remataron ou teñen que rematar obras de Joan Miró, Luis Seoane ou Andy Warhol para comezar esta andaina polos anos 60. Aquí quedan algunhas imaxes destas tres semanas.

CONCERTO DE MARÍA QUÈ.

Imagen
Na mañá de hoxe, dentro do Festival Internacional de Pulsa e Púa, fomos escoitar o concerto de María Qué, un grupo formado por un guitarrista e dúas voces femininas magníficas.  Alén das súas melodías de música bracarense, ensináronnos unha canción que cantamos con elas. Ademais, varios compañeiros de 6º de Primaria do noso colexio subiron a amosarnos as súas habilidades coa guitarra.  E para rematar, dun xeito case magnífico, repetimos a canción portuguesa que nos ensinaron estas rapazas e a mesturamos coa canción galega "Na beira do mar", para dármonos conta do grande número de vínculos que nos unen aos galegos e galegas coas persoas que viven na outra beira do Minho.