CONCERTO DE MARÍA QUÈ.
Na mañá de hoxe, dentro do Festival Internacional de Pulsa e Púa, fomos escoitar o concerto de María Qué, un grupo formado por un guitarrista e dúas voces femininas magníficas.
Alén das súas melodías de música bracarense, ensináronnos unha canción que cantamos con elas. Ademais, varios compañeiros de 6º de Primaria do noso colexio subiron a amosarnos as súas habilidades coa guitarra.
E para rematar, dun xeito case magnífico, repetimos a canción portuguesa que nos ensinaron estas rapazas e a mesturamos coa canción galega "Na beira do mar", para dármonos conta do grande número de vínculos que nos unen aos galegos e galegas coas persoas que viven na outra beira do Minho.

Comentarios
Publicar un comentario