CONCLUSIÓNS DA VIDEOCONFERENCIA

En primeiro lugar deixamos por aquí varias conclusións:

1) Salvo que sexa para vernos todas e todos, non é moi operativo ou útil facer unha conversa de tanta xente. Hoxe eramos 33 alumnos e alumnas e 2 profes e non foi todo o fluído que quixeramos.

2) Encantounos ver TANTA PARTICIPACIÓN. O profe Rubén, esta mañá, contaba con pasar de 10 participantes con algo de sorte.

3) A idea que temos é facer reunións máis pequenas todas as semanas. É dicir, todas e todos teríades unha reunión á semana neste formato e para facer algún tipo de actividade. En todo caso, non sempre serían o mesmo día nin a mesma hora. Iremos poñendo uns horarios semanais.

4) SE ALGUÉN QUERE UNHA REUNIÓN INDIVIDUAL PARA COMENTAR ALGO QUE NON O POIDA FACER DIANTE DOS DEMÁIS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, TAMÉN A PODE PEDIR SEN PROBLEMAS.

5) As persoas que non estivéchedes hoxe tamén ides aparecer nas táboas. Podedes participar cando queirades. TODAS AS PERSOAS DAS QUE TEMOS CORREO ELECTRÓNICO IDES RECIBIR O CONVITE AO LONGO DO LUNS.

6) Nos comentarios poñede que vos pareceu e, se alguén ten ideas para facer por videoconferencia, tamén as podedes dicir. En todo caso, xa temos algunha tarefa para propoñervos o luns.

7) As táboas dos grupos son as seguintes PARA ESTA SEMANA. O tamaño dos grupos e os propios grupos poden cambiar ao longo das semanas.







MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN! APERTAS A TODOS E TODAS!

Comentarios

  1. Soy Ainoa, no estoy en ningún grupo

    ResponderEliminar
  2. Holaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa aaaáaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa 💙💚💛💜

    ResponderEliminar
  3. Ola Ainoa! Problema solucionado. Non te tiña posta a ti e tiña ao teu compañeiro Brais dúas veces.

    ResponderEliminar
  4. El lunes a las 16 hr tendré q hacer la llamada?🤔🤨

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sería bueno. Así te vemos.

      Eliminar
    2. Dame el id de la llamada
      Bueno es lo q me pone😐

      Eliminar
    3. A lo largo del día de hoy se pondrá en el blog

      Eliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  6. Hola soy Diego Baldomir por favor dejar el ligazón del zoom aquí en el blog para el lunes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En la entrada del lunes lo vais a tener.

      Eliminar
  7. Hola soy Diego Baldomir ayer en la videollamada os veía pero no os escuchaba.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Diego tienes que activar audio. Cuando te conectas te dice que tienes que comprobar audio. En la parte negra de abajo de la pantalla si pasas el cursos te sale un micrófono para que lo actives

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

AULA INVERTIDA 4. INICIAMOS SEMANA!