AULA INVERTIDA 17 (II).MATEMÁTICAS, CIENCIAS SOCIAIS E OS QUINTOS DA COMEDIA.

Bo día!
En primeiro lugar, os Quintos da Comedia!



Agora os vídeos coas tarefas de hoxe:


Os problemas de matemáticas.

a. Se va a vaciar un depósito de 300 litros de agua. Primero se vacían 2/3 y después 1/5 del agua que queda. ¿Cuántos litros se vaciaron del depósito? ¿Cuántos litros quedan?

b. Mara tenía ahorrados 400 euros ahorrados. Primero gasta 1/5 de su dinero comprando ropa y 1/2 en comprarse una consola. ¿Cuánto dinero gasta de sus ahorros?

c. Aldán tiene una pescadería con 80 kilos de pescado. El primer cliente compra 2/5 de la mercancía y el segundo 1/8. ¿Cuánto pescado le queda a Aldán en la pescadería?

O vídeo - presentación da Idade Antiga para que completedes o esquema:



No blog Habelas Hainas (http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com/) vaise subir hoxe esta información:

BASES PARA O CERTAME DE "TEXTOS CON ARTE".

1. A actividade consiste en realizar un texto inspirado nalgún cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX.
2. O alumnado de Infantil e 1º de Primaria fará un debuxo inspirado no cadro que elixa e escribirá unha palabra en galego. Este alumnado pode facer un vídeo contando porqué elixiu ese cadro e esa palabra.

2. O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria elaborará un conto ou un poema (máximo 150 palabras) ou un cómic (máximo 3 viñetas) inspirado nun cadro dunha pintora ou pintor galego do século XX. Despois de escribilo pódese facer un vídeo contando a historia, recitando a poesía ou dramatizando o cómic.

3. Os textos pódense facer a bolígrafo ou a ordenador. Todos os debuxos deberán estar coloreados e perfilados con rotulador negro.

4. Os textos pódense mandar escaneados, adxuntos ou fotografados ao enderezo electrónico
DINAMIZACIONLINGUAGALEGA@CEIPSOFIACASANOVA.COM

5. Os vídeos pódense mandar ao enderezo BUFOLECTOR@GMAIL.COM

6. Todos os traballos enviaránse con nome, apelidos e curso.

7. O prazo para enviar textos e vídeos remata o venres 15 de maio

FELIZ MES DAS LETRAS GALEGAS!


QUE TEÑADES UNHA FELIZ FIN DE SEMANA!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

AULA INVERTIDA 24 (II). ADICATORIA DE DIEGO B. E LINGUAS.

AULA INVERTIDA 41 (II). LINGUA CASTELÁ E AVISOS.